School and accident insurance

This content is currently not available in English

A continuación podes atopar información sobre a asistencia sanitaria e seguros de accidentes que tes á túa disposición:

 

Seguro escolar

  • Alumnado de titulacións de grao, máster oficial e doutoramento menor de 28 anos

O seguro escolar protexe ao alumnado de titulacións oficiais menor de 28 anos no caso de accidente escolar, enfermidade ou infortunio familiar, outorgándolle prestacións médicas, farmacéuticas ou económicas segundo o caso.

Se estás enfermo ou tes un accidente, debes dirixirte ao INSS co resgardo da matrícula (debe constar que tes aboado o seguro escolar) antes de acudir ao centro de saúde, agás nos casos de urxencia médica que podes facer o trámite no INSS a posteriori.


Oficinas do INSS:

Ourense: rúa Concello,1 - 988 521 000
Vigo: rúa O Grove, 4 - 986 249 700
Pontevedra: rúa Gagos de Mendoza, 4 - 986 850 823

Podes consultar máis información sobre as prestacións, requisitos e tramitación das solicitudes do seguro escolar na web da Seguridade Social así como no seu apartado de Preguntas Frecuentes (FAQs)

 

Seguro de accidentes

  • Alumnado

A universidade conta co seguro de accidentes gratuíto Cum laude para o alumnado matriculado en titulacións oficiais e propias, alumnado de programas de intercambio e bolseiras ou bolseiros de formación. O seguro pode ser ampliado voluntariamente a Cum Laude Plus

En caso de sinistro débese avisar canto antes a ARTAI chamando ao teléfono 986 439 600 ou no enderezo electrónico vigo@artai.com. Consulta as coberturas e garantías Cum Laude.
 

Para máis información, podes contactar co Servizo de Axudas ao estudo, bolsas e prezos públicos
prezospublicos@uvigo.es
+34 986 813 630

 

  • Persoal da Universidade de Vigo e bolseiros/as de formación

A asistencia sanitaria derivada de accidente de traballo na Universidade de Vigo realízase a través da mutua de accidentes de traballo FREMAP, que dispón de centros asistenciais propios abertos de luns a venres de 08.00 a 20.00 horas en Pontevedra, Ourense e Vigo:

O persoal que traballa na Universidade de Vigo e teña un accidente de traballo deberá acudir directamente aos devanditos centros, salvo naqueles casos de urxencia vital nos que se acudirá ao centro sanitario ou hospital máis próximo. Posteriormente deberase informar ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Non é competencia de FREMAP a asistencia sanitaria derivada de accidente de traballo do persoal funcionario incluído no réxime especial da seguridade social de funcionarios civís do estado-mutualismo administrativo MUFACE/CLASES PASIVAS. MUFACE facilita a prestación de asistencia sanitaria aos mutualistas a través dos concertos que subscribe co Sistema Sanitario Público e coas Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria.
 

Para máis información, podes contactar co Servizo de Prevención de Riscos Laborais
sprl@uvigo.es
+34 986 813 605

 

  • Seguros deportivo e de voluntariado

Todas as persoas participantes nunha actividade ou evento deportivo organizado directamente pola universidade contan cun seguro específico de accidentes deportivos coa compañía CHUBB para aqueles casos non cubertos polo seguro escolar ou o seguro Cum laude. En caso de sinistro chame ao 91 084 86 35, indique o código da póliza (ESBSL227835) e o que lle ocorre á persoa asegurada. En función da  doenza, destinaráselle ao centro médico concertado para esa especialidade.

No caso dos proxectos de voluntariado organizados directamente pola universidade, todas as persoas participantes contan tamén cun seguro específico de accidentes coa compañía MAPFRE para aqueles casos non cubertos polo seguro escolar ou polo seguro Cum laude. En caso de sinistro, débese avisar do incidente canto antes a MAPFRE no teléfono 902 136 524 e indicando o código de tomador da Universidade de Vigo (055-0680117282).

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade                 
+34 988 387 102
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade               
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es