Campus Vigo Tecnolóxico

 

Visión

O Campus Vigo Tecnolóxico aspira a ser un campus ao servizo da sociedade que crea, transmite e aplica coñecementos excelentes no ámbito da enxeñaría. Potencia o seu persoal docente e investigador así como o estudantado e facilítalles as infraestruturas e os servizos que mellor se adecúen para xerar un impacto competitivo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 

Misión

O Campus Vigo Tecnolóxico ten como misión promover, desde a Universidade de Vigo, as accións necesarias para que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal se converta nun foco de excelencia educativa, investigadora e de transferencia do coñecemento no eido da enxeñaría.
 

Visita o Campus Vigo Tecnolóxico

 

Máis información: 

Campus Vigo Tecnolóxico
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 257
vigotecnoloxico@uvigo.es