Foto para difundir o proxecto StemBACH

STEMbach

This content is currently not available in English

 

STEMbach é un Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía creado ao abeiro da Estratexia Galega de Educación Dixital EDUDixital 2020 da Xunta de Galicia.

 

STEMbach ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias clave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática) sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias, senón transversal e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais.

STEMbach está pensado tanto para as modalidades de ciencias e tecnoloxía como para as humanidades, as ciencias sociais e as artes e pretende promover as vocacións do alumnado nestes ámbitos mediante a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario para o fomento do coñecemento.

 

Logotipo STEMbach

Máis información

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 586
stembach@uvigo.es