HE Fairs and exhibitions
A Universidade de Vigo quere estar presente nos principais eventos relacionados coa educación, a formación e o emprego. Por este motivo, a nosa institución asistirá ao longo do curso 2020/2021 a diferentes feiras e salóns educativos:
Se queres que participemos nas xornadas de orientación universitaria organizadas polo teu centro podes poñerte en contacto connosco.
UNIferia Graos
Entre o 22 e o 24 de febreiro de 2021, a Universidade de Vigo participará na terceira edición de UNIferia Graos, a feira virtual de estudos de grado das universidades españolas.
Nesta feira contaremos cunha caseta virtual que poderás visitar e onde te informaremos sobre a oferta de estudos, as notas de corte, os prezos, as opcións de aloxamento e moito máis.
Tamén terás a oportunidade de consultar as túas dúbidas co persoal dos nosos servizos de información e de orientación a través do chat, entre as 10.00 e as 14.00 h.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal