University Orientation Day


Para amosar a súa oferta académica, a Universidade de Vigo organiza o vindeiro 30 de xaneiro de 2024, entre as 10.00 e as 13.00 h, no pavillón polideportivo do Campus de Vigo e no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución, a Xornada de Orientación Universitaria dirixida ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior. 

Ao longo desta xornada, o alumnado participante poderá visitar as mesas informativas dos centros universitarios, delegacións de alumnado e servizos para recibir detalles sobre a súa oferta académica e vida universitaria. Tamén poderán asistir ás charlas xerais.

Programa

  • 10.00 h
    Recepción de participantes
    Pérgola da Facultade de Filoloxía e Tradución
    Pavillón polideportivo do Campus
  • 10.30-11.00 h e 12.00-12.30 h
    Charlas informativas de carácter xeral (oferta de titulacións nos tres campus, servizos e instalacións da Universidade de Vigo)
    No salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución
  • 10.00-13.00 h 
    Visita dos postos informativos
    No pavillón polideportivo 
    1. Postos dos centros da UVigo
      Información dos diferentes estudos ofertados na Universidade de Vigo.
    2. Delegacións e asociacións estudantís
      Atención e asesoramento sobre temas concretos da universidade e da vida universitaria. 
    3. Servizos da Universidade de Vigo
      Información de bolsas e axudas, deportes, voluntariado e cooperación, cursos de linguas, residencias universitarias, mobilidade internacional, cultura e ocio...

Formulario de inscrición

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal