Open Days in Ourense
Curso 2025/2026
A portas abertas diríxense aos centros educativos de Galicia con alumnado de secundaria (4.º ESO), bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do campus de Ourense.
No curso 2025/2026 as portas abertas no campus de Ourense terán lugar os seguintes días:
- 17 de decembro de 2025
- 13 de xaneiro de 2026
- 14 de xaneiro de 2026
- 24 de marzo de 2026
- 7 de abril de 2026
Para participar, cómpre inscribirse enviando un correo a vicou@uvigo.gal
Máis información:
Vicerreitoría do Campus de Ourense
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 300
vicou@uvigo.gal




