Open Days in Pontevedra

Curso 2025/2026
As portas abertas diríxense aos centros educativos de Galicia con alumnado de secundaria (4.º ESO), bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do campus de Pontevedra. Esta actividade desenvolverase en dúas quendas ao longo do curso académico 2025/2026: 3 de febreiro e 24 de marzo de 2026.
Trátase dunha actividade aberta a todos os centros educativos interesados, mais a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra colabora mediante o pago dos 5 primeiros buses (completos) en cada unha das xornadas que inscriban os centros educativos a través do formulario creado para tal fin.
Requisitos para recibir a axuda do desprazamento
- Os centros educativos deberán estar situados a unha distancia igual ou superior aos 30 km de distancia do campus de Pontevedra.
- O alumnado deberá estar cursando, exclusivamente, estudos de bacharelato ou ciclos superiores de FP.
- Os grupos de alumnado deberán ser de, polo menos, 50 persoas (bus completo).
- A concesión da axuda para os 5 buses en cada unha das xornadas será por orde de inscrición.
- Só se pagará un bus por centro educativo.
Programa
| 9.30 a 10.00 h |
Recepción no salón de actos da Facultade de Comunicación (Campus universitario A Xunqueira) |
| 10.00 a 10.15 h | Benvida institucional |
| 10.30 a 13.00 h | Visitas ás facultades e ás escolas |
| Ámbito humanístico: Belas Artes e Deseño | |
| Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Forestal | |
| Ámbito de ciencias sociais: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Direccion e Xestión Pública | |
| Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Ciencias da Actividade Física e do Deporte | |
| Ámbito de ciencias da saúde: Fisioterapia e Enfermaría | |
| 13.00 h | Fin da xornada |
Máis información e inscrición
Permanece aberto o prazo de inscrición para a segunda quenda ata o 27 de febreiro.




