Estudantes na porta dunha facultade ao lado dunha árbore

Advice to choose degree

This content is currently not available in English

1. Empeza con tempo e non te desanimes


Non decidas a última hora e non penses que a decisión que tomes agora vai marcar toda a túa vida. Non pasa nada por equivocarse.

 

2. Coñécete a ti mesmo


Que che gusta? Que non che gusta?
Podes realizar algún destes test de orientación que che ensinamos a continuación. Non teñen que determinar a tua decisión pero, se non sabes por onde comezar, vanche ser moi útiles para centrarte no importante e reducir opcións.

 

3. Descubre as profesións e os graos que mellor che van


Analiza as profesións actuais e as novas carreiras universitarias. Mira a túa contorna, fíxate nas profesións que te rodean e pensa se te ves facendo iso no futuro. Pregunta aos teus coñecidos en que consiste o seu traballo.