Diversity Commission

A Comisión de diversidade é o órgano colexiado encargado de apoiar e asesorar a todos os órganos de goberno e de representación da Universidade de Vigo en materia de diversidade. Tamén é a encargada de apoiar e de asesorar a dirección da Unidade de Diversidade. 

Composición

A comisión estará formada por 14 persoas nomeadas polo Consello de Goberno á proposta da reitora ou reitor. Esta proposta realizarase en coordinación coa dirección da Unidade de Diversidade e, no caso dunha das persoas pertencentes ao persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS), en coordinación coa Xunta de Persoal Funcionario. A persoa en representación do Consello Social será designada en coordinación con este órgano de goberno.

Funcións

  • Asesorar e realizarlle propostas á dirección na elaboración de medidas e de actividades.
  • Facer un seguimento do cumprimento dos obxectivos fixados e dos resultados das accións realizadas, así como dos medios e dos recursos utilizados.
  • Asesorar na memoria anual da unidade.
  • Calquera outra que lle sexa encomendada no ámbito dos fins da unidade.

Membros

  • Presidencia
    Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor
  • Secretaría
    Raquel Rey Vilas, directora da Unidade de Diversidade
  • PDI
    Susana Álvarez González
    Xosé Manuel Buxán Bran
    María Victoria Carrera Fernández 
    Jesús Deibe Fernández Simo 
    Jacinto Lareo Jiménez 
    M.ª Soledad Torres Guijarro
    Carlos Valcárcel Riveiro 
  • PTXAS
    Luis Pita Carballo
    Margarita González Hernández
  • Estudantado
    Carla Míguez Bóveda
    Raquel Iglesias López
  • Consello Social
    M.ª de los Ángeles García Míguez

Documentación