Axudas programa de formación en tecnoloxías no CERN

UVigo - Employ 28/10/2019

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT) convoca 20 axudas do programa FTEC-Spanish Traineeship Programme que ten por obxecto a concesión de bolsas de especialización para mozos e mozas profesionais de ciencia e tecnoloxía con destino na Organización Europea para la Investigación Nuclear (CERN).

A duración da axuda será dun ano, podendo estenderse por outro ano dependendo dos resultados técnicos, o rendemento e a actitude da persoa seleccionada con suxeición á dotación.

A dotación económica que o CIEMAT lle dedicará neste programa a cada persoa beneficiaria será de 500 euros ao mes.

Información e solicitudes

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 3 de decembro de 2019.

Máis información na páxina web do CIEMAT e no BOE.