Bolsa de novas tecnoloxías aplicadas á educación no Museo Prado

UVigo - Employ 05/11/2019

O Museo Nacional do Prado e a Fundación María Cristina Masaveu Paterson convocan unha bolsa de formación de persoas investigadoras e especialistas na disciplina de novas tecnoloxías aplicadas á educación.

Requisitos

  • Titulación de grao universitario en belas artes, pedagoxía, educación social, psicoloxía, comunicación audiovisual, socioloxía, información e documentación, xornalismo, antropoloxía social e cultural, desenvolvemento de videoxogos, deseño, filosofía, historia, historia da arte ou similar.
  • Os expedientes académicos con valoración media inferior a notable serán desestimados.
  • Ter finalizado os estudos conducentes á obtención do título esixido con posterioridade a xaneiro de 2013.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 18 de novembro de 2019.

Máis información aquí.