Bolsas Fulbrigth para lectorados de español en Estados Unidos

UVigo - Employ 30/09/2019

A Comisión Fulbright convoca un máximo de 14 prazas para lectorados de español en universidades estadounidenses dentro do programa Fulbright Foreign Language Teaching Assistants (FLTA) durante o curso académico 2020/2021 por un período de nove meses.

As persoas participantes, ademais de adquirir experiencia na ensinanza de español a través da colaboración co Departamento de Lingua Española da universidade receptora, cursarán materias de estudos universitarios e participarán en actividades extracurriculares mentres axudan a fortalecer e a mellorar a calidade da ensinanza do español nas universidades participantes nesta convocatoria.

As bolsas poderán gozarse desde agosto/setembro de 2020 ata maio/xuño de 2021, dependendo do calendario da institución de destino.

A dotación da bolsa será de 4.000 US$ máis a axuda complementaria de cada universidade (aloxamento, manutención, estipendio etc.), seguro de enfermidade e accidente.

Requisitos

  • Nacionalidade española
  • Titulación superior con experiencia laboral ou formación acreditada na ensinanza de idiomas.
  • Bo nivel de inglés demostrable con exame TOEFL (mínimo 90) ou ILTS (mínimo 6,5).

Solicitudes

As solicitudes poderán presentarse ata o 17 de outubro de 2019.

Máis información aquí.