Bolsas MAEC-AECID de arte, educación, ciencia e cultura

UVigo - Employ 25/03/2019

Convoca

Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

Obxecto

Conceder axudas para a formación de cidadáns e cidadás de España e do estranxeiro nos termos recollidos no Anexo I da convocatoria para cada un dos seguintes programas:

  • Bolsas para a Real Academia de España en Roma (RAER). Prazo: ata o 3 de abril.
  • Bolsas de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas, centros culturais de España e na AECID. Prazo: ata o 1 de abril.
  • Bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina. Prazo: ata o 1 de abril.
  • Bolsas de colaboración formativa nas sedes das academias asociadas á Real Academia Española (RAE). Prazo: ata o 15 de abril.
  • Bolsas para o Colexio de Europa. Prazo: ata o 1 de abril.
  • Bolsas de formación musical de excelencia na Escola Superior de Música Reina Sofía (ESMRS). Prazo: ata o 28 de maio.
  • Bolsas de mestrado para funcionarios/as e persoal integrado nos sistemas públicos dos países incluídos nas estratexias bilaterais do V Plan Director da Cooperación Española. Prazo: ata o 11 de abril.

Máis información: Orde AEC/1098/2005, de 11 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, bolsas e axudas de formación, investigación, intercambio, promoción, e de viaxes e estadía da Axencia Española de Cooperación Internacional (BOE 26 de abril).