Bolsas Severo Ochoa e María de Maeztu do CSIC

UVigo - Employ 30/04/2019

O CSIC convoca 28 bolsas para estancias en Centros de Excelencia Severo Ochoa e Unidades de Excelencia María de Maeztu do CSIC de iniciación na carreira científica en diferentes áreas.

Requisitos

  • Ter estudos de licenciatura ou grao no curso académico 2017-18 ou posterior e estar matriculados/as ou realizar a inscrición ou preinscrición para o curso 2019-20 nun Mestrado Universitario oficial.
  • Acreditar unha nota media igual ou superior a 8,00, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais excepto para Enxeñería e Arquitectura, que será o indicado en cada modalidade de bolsa.
  • Non posuír ou estar en disposición legal de obter un título académico de doutoramento.
  • Non obter unha bolsa de introdución á investigación dentro do programa JAE en convocatorias anteriores.

Prazo de inscrición

Do 15 de maio ao 15 de xuño de 2019.

Máis información no BOE 9 de abril de 2019.