Curso de introdución ás ferramentas de tradución asistida por computador con MemoQ

UVigo - Employ 28/10/2019

O curso de introdución ás ferramentas de tradución asistida por computador con MemoQ forma parte do programa e-Destrezas de formación en competencias dixitais organizado polo Servizo de Extensión Universitaria. Gratuíto, o curso vai dirixido a toda a comunidade universitaria. A súa finalidade é dotar as persoas participantes dos coñecementos básicos do programa de tradución asistida por computador MemoQ e dominar a súa interface, terminoloxía, proxectos e memorias de tradución. Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS.

Cando e onde?

  • Do 22 de novembro ao 17 de xaneiro.
  • Na sala 4 do Edificio Miralles no campus de Vigo.
  • Os venres de 09.00 a 14.00 horas (30 horas).

Información e solicitudes

O número máximo de inscricións é 30 e o mínimo 25.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 20 de novembro de 2019.

Máis información e inscrición aquí.