Oferta de emprego do ITMATI no proxecto «Modelización e optimización de redes de transporte de gas»
Referencia da oferta
ITMATI-OT-07/2019.
Descrición do posto
1 posto como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre o ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.
Ofrécese
- Retribución bruta mensual: 1748,48 € en 12 pagas.
- Data de inicio prevista: incorporación inmediata.
- Data estimada de fin de obra: 31/12/2019.
- Xornada laboral: a tempo completo ou a tempo parcial (se a xornada fose a tempo parcial, a retribución bruta sería proporcional ao tipo de xornada).
- Lugar de traballo: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela.
Perfís das candidaturas
Persoas cunha licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñería e a informática.
Inscricións
Ata o 15 de abril de 2019.
Máis información na web do ITMATI.