Prácticas no Comité Europeo das Rexións

UVigo - Employ 09/09/2019

O Comité Europeo das Rexións (CDR) da Unión Europea ofrece anualmente dous períodos de prácticas dunha duración de cinco meses en Bruxelas nun dos seus servizos.

Actualmente está aberto o prazo de inscrición para as prácticas de primavera que se desenvolverán do 16 de febreiro ao 15 de xullo de 2020.

Requisitos

  • Posuír un título universitario con data anterior á do peche das solicitudes.
  • Ter un coñecemento profundo dunha lingua comunitaria oficial e un coñecemento satisfactorio doutra lingua de traballo da Unión Europea (francés ou inglés).

Solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2019.

Máis información na páxina web do CDR.