Premios Talento Mozo Galicia 2019

UVigo - Employ 23/10/2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos nas seguintes modalidades: ciencia, rural, deporte, empresa, cultura e creación.

Premios

  • Outorgarase un premio de 5000 euros por cada unha das modalidades.
  • As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

Requisitos

  • Ter entre 18 e 30 anos na data na que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia na data na que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio á que se concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o  21 de novembro de 2019.

Máis información aquí.