Taller de neuromarketing

UVigo - Employ 30/09/2019

Taller gratuíto organizado pola Fundación Universidade de Vigo dentro do programa Destrezas de formación para o emprego e o emprendemento. Dirixido a estudantes, persoas egresadas pola Universidade de Vigo nos últimos anos e emprendedoras e emprendedores en fase de incubación.

O taller impartirano Javier Gil e Cristina Fernández, expertos en comunicación, e a persoa convidada será Ramón Fernández, xerente do grupo de empresas Río Cabo.

Cando e onde?

O taller terá lugar o 24 de outubro, de 9.30 a 14.30 h, na sala I do Edificio Miralles no campus de Vigo.

Inscrición e información

O número máximo de admisións será de 30 persoas, por rigorosa orde de inscrición.

Máis información e inscrición aquí.