III Xornada de igualdade para o estudantado internacional

UVigo - Internacional 28/10/2025

A Vicerreitoría de Internacionalización e a Unidade de Igualdade organizan a terceira xornada de igualdade para o estudantado internacional «Avanzando en igualdade: construíndo unha UVigo libre de violencias machistas» con Bárbara Tardón Recio. Será o 20 de novembro de 2025, de 14.00 a 16.00 h, na sala 1 do edificio Miralles.

A Universidade de Vigo reafirma o seu compromiso por unha sociedade xusta e igualitaria, onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade. Por iso, a terceira edición da xornada de igualdade para o estudantado internacional da UVigo busca fortalecer a conciencia colectiva e dotar as persoas asistentes de ferramentas prácticas para previr e actuar fronte á violencia machista no ámbito universitario.

  1. A igualdade e a violencia contra as mulleres en España
  2. A conquista dos dereitos no noso país
  3. «Do non é non ao si é si»
  4. Recursos de atención para as mulleres
  5. Espazo aberto para preguntas

A xornada incluirá dinámicas participativas, estudos de caso e espazos de reflexión colectiva, co fin de crear unha experiencia enriquecedora para todas as persoas asistentes.

Ofrecerase un pequeno petisco de benvida e entregarase un certificado de asistencia.

Haberá un servizo de autobuses gratuíto desde os campus de Pontevedra e de Ourense.

 

Vicerreitoría de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal

Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419​
​​​​​​igualdade@uvigo.gal