Encontro anual do CINBIO

Vigo

1 e 2 de xullo

Tags
  • Congresos e xornadas
UVigo - Research 25/04/2019

Vigo acollerá o terceiro encontro anual do CINBIO, que se celebrará os días 1 e 2 de xullo no salón de actos da Facultade de Bioloxía.

O tema deste ano é From bench to bedside: diagnosis, therapy & data analysis («Do laboratorio ao paciente: diagnóstico, terapia e análise dos datos»).

Trátase dun congreso interdisciplinario organizado polos/as profesionais do CINBIO que se están iniciando na investigación. O seu obxectivo é reflectir a experiencia multidisciplinaria do centro a través de relatores/as internacionais entre os/as que se encontran persoas expertas en cancro, nanomateriais, bioinformática, bioestatística, inmunoloxía e síntese química entre outras disciplinas. Asemade, preténdese abrir unha discusión creativa sobre as ferramentas novidosas para a medicina do futuro. 

Poden participar tanto o persoal docente e investigador coma o estudantado, que optarán a un premio para o mellor relatorio, ademais dun certificado de asistencia. 

Datas relevantes

  • 31 de maio: data límite para o envío dos resumos.
  • 7 de xuño: notificación das persoas seleccionadas.
  • 15 de xuño: data límite para rexistrarse.

Relatores/as principais

  • Fátima Al-Shahrour
    Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO).
  • Jesús M. de la Fuente
    Instituto de Ciencia de Materiales de Aragón (ICMA), Zaragoza.

Relatores/as invitado/s 

  • Erwann P. Loret
    Aix-Marseille Université, Faculté de Pharmacie, CNRS, ETRAV, Marseille.
  • Angel Díaz-Lagares
    Cancer Epigenomics Unit, Grupo Oncomet, Ciberonc, IDIS, Santiago de Compostela.
  • Carmen Álvarez-Lorenzo
    USC, Farmacia, IDIS,  Santiago de Compostela.
  • Alejandro Baeza García
    Dpto. Materiales y Producción Aeroespacial, ETSI Aeronáutica y del Espacio, UPM, Madrid.
  • María Xosé Rodríguez
    Centro Vasco de Matemáticas Aplicadas (BCAM), Bilbao.
  • Nuria Martínez Saez
    Department of Chemical Biology & Drug Discovery, Faculty of Science, Utrecht  University.
  • Roberto Piñeiro Cid
    Unidad Mixta Roche-CHUS, Santiago de Compostela. 
  • Carla Oliveira
    Ipatimup (Instituto de Patologia e Imunologia Molecular da Universidade do Porto), I3S, Porto. 

Máis información:

Edificio CINBIO
Rúa da Fonte das Abelleiras, s/n
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
amcinbio@uvigo.es
​​​​​http://amcinbio.webs.uvigo.es/