Xornada informativa sobre o programa de axudas de investigacion posdoutoral en Estados Unidos

Tags
  • Congresos e xornadas
UVigo - Research 07/06/2019

A Xunta de Galicia e Fulbright España, en colaboración coas tres universidades galegas celebrarán o vindeiro 12 de xuño, ás 12.30 h, unha xornada informativa sobre o Programa de axudas de investigacion posdoutoral en Estados Unidos. Tamén se contestarán preguntas de todo o persoal interesado noutros destinos.

Os relatores e relatoras da xornada estarán situados na aula 5 da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e as outras dúas universidades contactarán por videoconferencia.

Na Universidade de Vigo, as persoas interesadas poderán asistir de maneira presencial na sala 1 do edificio Miralles do campus Vigo ou seguir a retransmisión en directo a través da seguinte ligazón: http://tv.usc.es/directo2.html.

 

Máis información:

Vicerreitoría de Investigación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.es