Mobility

This content is currently not available in English

Mobilidade nacional

Mobilidade interuniversitaria do PAS funcionario


Mobilidade internacional

Erasmus+

Gif do Servizo Español para a Internacionalización da Educación


O Persoal de Administración e Servizos da Universidade de Vigo que desexe ampliar a súa formación no estranxeiro pode optar ás axudas financeiras de mobilidade de PAS a institucións de ensino superior no marco do programa Erasmus-STT, co que se pretende fomentar a formación do persoal e a internacionalización da institución.

En cada ano natural poderá gozarse dun máximo de 15 días naturais de permiso para asistir a programas de intercambio e mobilidade internacional.

Stella

O programa Stella bríndalle a posibilidade de realizar mobilidades profesionais e intercontinentais ao persoal de servizos das universidades socias do Grupo Compostela de Universidades (GCU) e do Consorcio para a Colaboración na Educación Superior en América do Norte (CONAHEC). Trátase dunha oportunidade de aprender como se traballa nos diferentes departamentos das institucións participantes no programa e de vivir unha experiencia multicultural, a través de estadías temporais noutras institucións de educación superior.

 

Iacobus

O programa Iacobus ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (profesorado, persoalinvestigador, persoal de administración e servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación. Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.

 

 

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 751
incoming.ori@uvigo.es