Chairs

This content is currently not available in English

As cátedras de empresa son unha forma de establecer unha colaboración estratéxica, ampla, cualificada e estable coa contorna empresarial, coas fundacións e entidades que, máis alá do económico, permitan acadar mediante estratexias a docencia, a formación e a investigación planificadas conxuntamente, froitos que redunden directamente no beneficio de ambas as partes.

Deste xeito, dáse forma a un modelo de colaboración especialmente interesante para o futuro das entidades participantes. Neste modelo, a empresa ou entidade comprométese a unha aportación económica anual equivalente á retribución dun catedrático de universidade e a cátedra pode levar unha denominación de acordo cos seus fins. As actividades que se poden incluír no marco da cátedra son plurais e van desde a formación e intercambio de persoal e de experiencias ata a realización de proxectos de I+D.

Para o mellor funcionamento da cátedra, créase unha Comisión de Seguimento, integrada por representantes de ambas as dúas entidades, que se encarga de seleccionar as actividades, facer un seguimento delas e solventar calquera necesidade que poida xurdir.

 

Coñece as cátedras da UVigo
 

  • Denominación:
    Cátedra ACP-Innova 
  • Empresas
    :Saraiva, Activiza e Envita 
  • Ano de constitución:
    2021 
  • Dirección:
    Jose María Cancela Carral 
  • Web:
    https://acpinnova.com/catedra/

  • Denominación:
    Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo 
  • Entidades:
    Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga Alzheimer), Atendo 
  • Ano de constitución
    2022 
  • Dirección:
    Ana Belén Fernández Souto 
  • Web:
    https://edadismo.org

  • Denominación:
    Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio 
  • Entidade
    Escola Naval de Marín 
  • Ano de constitución:
    2003 
  • Dirección:
    Eva Lantarón Caeiro
  • Web:
    https://catedraossorio.webs.uvigo.es

  • Empresa:
    Consorcio Zona Franca Vigo
  • Ano constitución:
    2018
  • Dirección da cátedra:
    Reitor ou reitora da Universidade de Vigo, ou persoa en quen delegue
  • Web
    https://www.zfv.es/ardan/index.html

  • Denominación:
    Cátedra CIRCOM: asociación de televisións públicas rexionais 
  • Ano de constitución
    2023 
  • Dirección:
    José Rúas Araújo
  • Web:
    www.circom-regional.eu

  • Data de constitución:
    1 de febreiro de 2023
  • Dirección da cátedra:
    Rebeca P. Díaz Redondo, catedrática de universidade e directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Comisión de seguimento:
    • Manuel Fernández Iglesias, coordinador do Mestrado en enxeñaría telemática, Universidade de Vigo
    • Laura Docío Fernández, subdirectora de Captación e Difusión da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
    • Iñigo Cuiñas Gómez, coordinador do Plan de acción titorial da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
    • Ruth del Carmen Escarda Iglesias, INDRA
    • Manuel Ángel Otero Chantada, INDRA
    • Jesús Manuel Costa Pazo, INDRA
    • Javier Piñeiro Rodríguez, INDRA
  • Obxectivos e actividades:
    • Colaboración e apoio no Plan de difusión e captación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para a realización de actividades de divulgación científica e tecnolóxica que redunden na visibilidade, a difusión, o coñecemento e a práctica dos estudos que se imparten na Escola, e con iso, fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.
    • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
    • O impulso de actividades que permitan a difusión da actividade docente e investigadora do persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
    • A colaboración en actividades transversais á docencia, especialmente no ámbito do Plan de acción titorial (orientaTE e mentoría MEET-Teleco).
    • Promover a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria atendendo as necesidades competitivas da empresa.
    • Organizar xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra.
    • Promoción en eventos científicos e tecnolóxicos relacionados con temas de interese no ámbito da cátedra.
    • Realización conxunta de proxectos e programas de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
    • Divulgación das actividades da cátedra.
  • Web
  • Contacto:

  • Denominación:
    Cátedra Jean Monnet. Institucións e cidadanía europea: adaptar a Unión Europea aos retos da dixitalización (EICAEUD) 
  • Entidade financiadora:
    Educational, Audiovisual and Culture Executive Agency (European Commission).  
  • Ano de constitución:
    2014 
  • Dirección:
    Celso Cancela Outeda 
  • Web:
    https://modulojeanmonnet.webs.uvigo.es/

  • Denominación: 
    Cátedra R en Ciberseguridade.
  • Directora da cátedra: 
    Profesora Ana Fernández Vilas, en delegación do reitor da UVigo e coordinadora do Mestrado Interuniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade.
  • Comisión de seguimento:
    • Prof. Rebeca P. Díaz Redondo, coordinadora do Grao en Enxeñaría  de Telecomunicación da Universidade de Vigo (teleco.uvigo.es).
    • Prof. Carlos Dafonte, en delegación do reitor da UDC e coordinador do mestrado na Universidade da Coruña (fic.udc.es).
    • Prof. Francisco Javier Nóvoa de Manuel, representante do PDI da Universidade da Coruña (fic.uddc.es).
    • Dona ldola Uriarte, responsable de Seguridade da Información do Grupo Euskaltel (euskaltel.com).
    • Dona Susana Rey, delegada en Protección de Datos do Grupo Euskaltel (esukaltel.com).
       
  • Data da firma: 
    18 de decembro de 2018.
  • Dotación: 
    10 000 euros da UVigo e 10 000 euros da UDC.
  • Sitio web: 
    En construción.
  • Obxectivos: 
    A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. 
  • Liñas estratéxicas: 
    Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas estratéxicas de actuación da Cátedra R en Ciberseguridade son: 
    • A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es).
    • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a consecución da excelencia académica nas universidades de Vigo e da Coruña. 
    • O impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
    • A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización das competencias da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma, atendendo ás necesidades competitivas da empresa.
  • Actividades: 
    Máis concretamente, establécense as seguintes actividades como prioritarias: 
    • Actividades de formación e divulgación:
      • Colaboración en mestrados e outros estudos de posgrao, tanto oficiais como propios.
      • Patrocinio de bolsas predoutorais e posdoutorais; premios a traballos de fin de grao ou mestrado e concursos de ideas.
      • Conferencias, seminarios, obradoiros e visitas a empresas; promoción de prácticas curriculares e extracurriculares.
      • Colaboración en plans de formación para empresas ou institucións;  colaboración no deseño e impartición de Programas de Formación Permanente.
      • Formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación de resultados de investigación.
      • Realización de xornadas de divulgación científica, tecnolóxica e da cultura da ciberseguridade na sociedade; promoción en acontecementos científicos, técnicos e de concienciación da sociedade; organización de exposicións e promoción da cultura de ciberseguridade na sociedade. 
      • Publicacións sobre temas de interese no ámbito da cátedra.
      • Divulgación das actividades da cátedra.
         
    • Actividades de transferencia e de investigación:
      • Desenvolvemento de liñas de investigación conxunta; realización traballos de investigación.
      • Promoción da contratación de grupos das universidades da Coruña e de Vigo para desenvolver accións de innovación ou consultoría especializada na empresa.
      • Cooperación para lograr proxectos de investigación en programas de concorrencia competitiva no ámbito galego, español e europeo.
      • Promoción de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos nas áreas de interese da cátedra.
      • Apoio á realización de teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao de perfil I+D+i.
  • Web:
    https://catedrarciberseguridade.com/catedra_es

  • Entidade:
    Unesco
  • Ano de constitución:
    2014
  • Actividades da cátedra:
    O obxectivo será fomentar un sistema integrado de investigación, formación, información e documentación sobre a xestión sustentable das zonas costeiras