Management

This content is currently not available in English

Os nosos programas no ámbito de xestión integran a modernización e a calidade

Os nosos obxectivos oriéntanse a optimizar e mellorar os procesos e a implantar sistemas de xestión recoñecidos para proporcionar o axeitado apoio técnico e administrativo á ensinanza e á investigación e para satisfacer as expectativas da cidadanía

 

O programa de Cartas de Servizo (CS) contribúe a un modelo de administración caracterizada pola transparencia e a asunción de compromisos na prestación dos servizos públicos de calidade.

É un programa propio da nosa universidade baseado nos estándares e nas normativas nacionais e na lexislación estatal e autonómica.

 

Alcance

O programa esténdese a todos os nosos servizos e as unidades que integran o ámbito de xestión da Universidade de Vigo, e a todos os servizos que estas prestan.

 

Fases e funcionamento

O proceso de elaboración e de xestión das CS definímolo na súa guía. Cada servizo ou unidade pode establecer traxectorias de mellora, ao estender ou incorporar máis servizos ou ao adquirir un maior grao de compromiso e calidade na súa xestión.

A Carta de Servizo deseñada é aprobada pola Xerencia.

 

Normativa reguladora

Documentación

 

Cartas de servizos aprobadas:

 

 

A adopción deste estándar internacional de sistemas de xestión da calidade ISO 9001 na biblioteca foi unha decisión que revela a intención de mellorar o noso desempeño na prestación dos servizos públicos neste eido.

Ademais, vainos permitir demostrar a nosa capacidade para prestar estes servizos públicos adaptados ás expectativas das persoas usuarias da biblioteca, para aumentar a satisfacción destas e para respectar as esixencias regulamentarias que nos afectan.

 

Alcance

Este programa aplícase na Biblioteca Universitaria, nos tres campus da nosa universidade.

As actividades que están garantidas por este programa abranguen os servizos bibliotecarios que se prestan, que inclúen os recursos de información.

 

Fases e funcionamento

A aplicación da norma ISO 9001 permite organizar o funcionamento da nosa biblioteca tendo en conta os principios internacionais e normalizados da xestión da calidade (por exemplo, a orientación aos seus grupos de interese, o compromiso da súa dirección ou a mellora continua dos seus procesos de traballo).

A biblioteca foi implantando progresivamente todas as esixencias da norma, a partir do compromiso do seu persoal, que logo son avaliadas de xeito periódico por unha entidade de certificación acreditada para comprobar a súa vixencia e eficacia.

 

Documentación

 

Calidade na xestión

 

 

 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
Campus universitario
36310 Vigo

+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal