O plan SuMa presentado ao Consello de Goberno

Timothy Kehoe, novo Honoris Causa

Tags
  • Vigo
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 03/10/2007
.
Cofinanciado a través de convocatorias públicas, o plan SuMA disporá dun presuposto para as tarefas de avaliación e estudos, e outro para a execución dos programas que serán de aplicación xeral aos edificios, instalacións e unidades da universidade.
Anexo ao plan, confirmou Cidrás, hai tres proxectos: Terrae, Vedra e Campus Verde, que permitirán a implantación, respectivamente nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, estratexias de desenvolvemento sostible e de integración das enerxías renovables a través de actuacións urbanísticas e paisaxísticas.
José Cidrás, vicerreitor de planificación que describe SuMA como,“ un programa de tipo horizontal, no sentido que afecta a todos os centros”,realizou un chamamento á comunidade universitaria para que ao longo deste mes, achegue as suxestión que considere oportunas para incorporar ao plan.

Timothy J. Kehoe, novo Honoris Causa

Por outra banda o Consello de Goberno aprobou a proposta de nomeamento como “Doutor Honoris Causa” da Universidade de Vigo do profesor Timothy J. Kehoe.
Catedrático de Economía da Universidade de Minnesota e Asesor da Reserva Federal de Minneapolis, Kehoe conta, como destacou o director do Departamento de Fundamentos del Análisis Económico, Carlos de Miguel con “un excelente currículo académico e investigador, centrándose a súa investigación e docencia na teoría e aplicación dos modelos de equilibrio xeral, destacando os seus estudos sobre a modelización das grandes depresión ou os seus traballos no ámbito da Economía Internacional”.
Autor de numerosos libros e artigos académicos, Kehoe desempeñou un importante papel no desenvolvemento da Área de Fundamentos del Análisis Económico da Universidade de Vigo, onde, como lembrou De Miguel, “colaborou na elaboración de teses doutorais, facilitando visitas de investigación de membros do departamento na Universidade de Minnesota e na Reserva Federal de Minneapolis, ademais de organizar encontros científicos na Universidade de Vigo”.

Novidades sobre o proceso de adaptación ao EEES e as cátedra de I+D

A sesión comezou co informe do Reitor centrado, por unha banda, nas accións máis inmediatas no proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, e por outra nas últimas novidades rexistrada en torno ás cátedras de I+D+i do 2001.
Alberto Gago lembrou que con motivo da súa visita ao campus vigués, o Secretario de Estado de Universidades, Miguel Angel Quintanilla, anunciara a inminente aprobación dos decretos de acreditación e concursos de profesorado, o que “nos permite supoñer”, dixo o Reitor, “que nos dous vindeiros meses imos ter estas dúas normas de desenvolvemento, de maneira que tanto unha norma como a outra, se podan desenvolver con normalidade a partir do primeiro trimestres deste curso”.
En relación coas cátedras de I+D, o Reitor confirmou que o pasado 30 de xullo o Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo, notificoulle a universidade un auto declarando a inexecución da sentenza ditada neste procedemento por razóns legais, admitindo así os argumentos da Universidade de Vigo. Sen embargo Gago afirmou que “este é un trámite máis e que polo que sabemos o auto xa foi recorrido, e o trámite seguinte vaise resolver no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”.

Necesarias melloras no servizo de VITRASA

Xa na quenda de rogos e preguntas e ao fío da denuncia formulada polo representante dos CAEF, Francisco Quintela, sobre as deficiencias que presenta neste inicio de curso o servizo que VITRASA presta ao campus, o Reitor manifestou abertamente a súa preocupación e confirmou que un ano máis trasladarán as súas demandas ao novo concelleiro de tráfico, asegurando que o que “me preocupa é que hai un servizo en exclusiva que non é satisfactorio”.

 

Polo demais o Consello de Goberno que deu luz verde ao Curso de Especialista en Dirección de Operacións, non admitiu os recursos de alzada presentados polos profesores Manuel Angel García Fernández, Gerardo Peláez Lourido e José Enrique Pérez Rodríguez, mentres que no caso do presentado por Jorge Juan Gómez Gude, de acordo co ditame da Secretaría Xeral, pediuse que se retrotraiga a votación realizada no seu día para o cambio de sede do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.