Aberto o prazo de solicitudes

Convocadas 53 bolsas para árbitros nos campus de Pontevedra e Vigo

Tags
  • Pontevedra
  • Deportes
Mª Carmen Echevarría DUVI 26/09/2007

Ata o vindeiro 10 de outubro poden presentarse nos rexistros da Universidade de Vigo as solicitudes para acceder ás 53 bolsas deportivas da modalidade de árbitros para o curso 2007/2008 nos campus de Pontevedra e Vigo.Os solicitantes terán como función colaborar co Servizo de Deportes como árbitro das Ligas e Competicións Universitarias nas modalidades de baloncesto (árbitro e mesa), Fútbol Sala, Fútbol 7, Voleibol, Tenis de Mesa e Coordinador de árbitros e de ligas.
A contía das bolsas oscila entre os 340 e os 600 euros.
O impreso de solicitude pode recollerse no Servizo de Deportes e tamén nos rexistros da Universidade de Vigo.