Accesibilidade
A accesibilidade nos sitios web da Administración Pública ten carácter legal
- A Lei de Servizos da Información e Comercio Electrónico (Lei 34/2002, de 11 de Xullo entrando en vigor o 12 de Outubro de 2002 - LSSICE) indica que teranse en conta as NORMAS UNE 139801:2003, UNE 139802:2003 e sobre todo UNE 139803:2004, ademáis das directrices do WAI -Web Accessibility Initiative- que son consideradas, pola Unión Europea, normas "de facto". Estas normas teñen en conta a accesibilidade para todos.
Ademais debemos observar o dereito que todas as persoas con algún tipo de discapacidade teñen para acceder á información en igualdade de condicións.
Hai unha alta porcentaxe de persoas que sofren algún tipo de discapacidade que pode dificultar o seu acceso a Internet.
O portal da Universidade de Vigo foi deseñado e programado seguindo as directrices de accesibilidade e usabilidade da iniciativa WAI -Web Accesibility Initiative-, que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles a todo o mundo.
Entre as pautas básicas de accesibilidade marcadas pola Universidade de Vigo podemos mencionar as seguintes:
- Orde lóxica de presentación dos elementos en pantalla
- Sistema de navegación simplificado, non se utilizan menús despregable
- Texto descritivo das imaxes
- Acceso mediante teclado ás opcións principais
- Organización: cada páxina está organizada dun xeito claro e estruturada para mellorar a navegación e achegar usabilidade
- Mapa Web: Proporciona unha visión global e clara do sitio web
- Linguaxe: utilizar unha linguaxe clara e sinxela para unha mellor comprensión e para facilitar a lectura no monitor do ordenador.
Tamén temos dispoñibles atallos de teclado para o acceso directo a ligazóns específicas, o seu funcionamento é diferente segundo o sistema operativo e os navegadores
Windows:
- Internet Explorer: ALT + tecla numérica + ENTER
- Firefox: ALT + tecla numérica
Mac:
- Safari: Ctrl + tecla numérica
Teclas numéricas:
- 0 Declaración de accesibilidade
- 1 Páxina de inicio
- 2 Utilidades
- 3 Mapa web
- 4 Correo web
- 5 Búsqueda
- 6 Login
- 7 Contacto
Validación de W3C XHTML, W3C CSS e W3C WAI-AA pendentes.
De todos os xeitos, se nalgunha das páxinas do novo portal da Universidade de Vigo atopas algún elemento que non cumpre co estipulado, por favor, comuníquenolo cubrindo o seguinte formulario.