Celebración de San Ero na Facultade de Belas Artes
Data de celebración:
16 of May of 2018 at 10:00Dirixido a
Estudantes , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Alumnado da Facultade de Belas ArtesLugar
Fac. Belas Artes Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
Spain
Tipo de evento
Actuacións and Artes plásticasEntrada:
de balde No reservation required.Modalidade
PresencialPromovida por alumnado da facultade
A Facultade de Belas Artes acolle a celebración de San Ero, patrón do centro, cun programa de actividades promovido polo alumnado, que se abre ás 10.00 horas coa apertura dun mercadiño, no que o alumnado exhibe os seus traballos. A esta iniciativa, que permanecerá aberta ata ás 15.00 horas, súmanse os concertos que, a partires desa hora ofrecerán no centro Guava Juice, La Nona Hora, Main Guard, Ignacio Rivoeira, Miguel Alberte e Os Pazifestas, así como unha batukada programada para as 12.00 e 19.00 horas.