I Olimpíada de Historia
Data de celebración:
25 of May of 2018From 10:00 to 15:00
Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Facultade de HistoriaLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
Spain
Tipo de evento
CompeticiónEntrada:
0 No reservation required.Modalidade
PresencialOrganizada pola Facultade de Historia do campus
A Facultade de Historia do campus de Ourense, en colaboración coa revista El Octavo Historiador, celebra a I Olimpíada de Historia. Fai Historia con nós. Con carácter autonómico e pioneiro en Galicia, a cita ten como obxectivo espertar a curiosidade do alumnado preuniversitario por esta área. Participarán 28 centros das provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra, competindo cada un deles cun grupo de catro estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, acompañados por unha ou un docente. O acto de entrega de premios celebrarase ás 14.00 h, contando coa participación de Virxilio Rodríguez, vicerreitor en funcións do campus de Ourense, e Jesús Vázquez, alcalde de Ourense.