Inauguración do VII Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas
Data de celebración:
26 of October of 2018 at 15:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS and PDIOrganiza
Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte and Concello de CatoiraLugar
Lugar Ponte, 4
36612 Catoira
Spain
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Diferentes prezos para estudantes, profesionais e docentes. Reservation required.Modalidade
PresencialNo auditorio municipal de Catoira
Asisten: Alberto García, alcalde de Catoira; Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Mariano Soriano, director xeral de Deportes do Consejo Superior de Deportes; Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Juan José Román Mangas, presidente da Real Federación Española de Piragüismo, e Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo
O auditorio municipal de Catoira acolle entre o 26 e o 28 de outubro o VII Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas e o I Congreso Internacional de Slálom, que a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte organiza xunto co Concello de Catoira, a Real Federación Española de Piragüismo e a Federación Galega de Piragüismo.
O congreso, que reúne preto de 280 técnicos e investigadores de 15 países, ábrese ás 9.30 horas cunha conferencia de David Calvente, do equipo nacional de España, sobre consideracións teórico-prácticas sobre a técnica do kaiak en augas tranquilas, e celebra ás 15.30 horas a súa presentación oficial e conferencia inaugural, a cargo do director xeral de Deportes do Consejo Superior de Deportes, Mariano Soriano.