A escola acolleu a primeira xornada divulgativa e de reencontro dos egresados

Tituladas e titulados do Máster en Enxeñaría Industrial celebran o seu particular MEI Day

Máis de 60 participantes descubriron diferentes experiencias emprendedoras

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Emprender
  • Universidade e empresa
  • Estudantes
DUVI 30/11/2018

Alumnado das tres primeiras promocións e estudantes que este curso están matriculados no Máster en Enxeñaría Industrial participaron na primeira edición do MEI Day: Enxeñaría Industrial X.0, celebrado nas últimas horas na Escola de Enxeñería Industrial. Os máis de 60 participantes na xornada, que como explica a subdirectora de Xestión e Organización Docente da EEI, Ana Mejías “se pretende que sexa a primeira doutras para que se poidan reencontrar unha vez ao ano e promover ideas e colaboración”, asistiron á exposición que tres ex alumnos da escola realizaron da súas experiencias de emprendemento.

Luis Mandayo, managing director de Lupeon e Bibiana Rodicio e Antón Rodríguez, directora xeral e director técnico de BETA, “compartiron a súas experiencias de emprendemento cun enfoque moi persoal e, á vez, poñendo en valor a aposta tecnolóxica das súas empresas”, explica Mejías. Pola súa banda Diego Pérez técnico sénior de I+D e responsable da liña de robótica móbil e colaborativa de Aimen centrou as súas recomendacións ás e aos asistentes cara ás tendencias no ámbito industrial e destacou o papel de facilitadores dos centros tecnolóxicos. 

Na primeira edición do MEI Day participaron 36 estudantes das tres primeiras promocións do mestrado e 27 alumnas e alumnas que están a cursar o segundo ano da titulación.