Fórum IEV 2019: Conferencia de Elena Ojea
Data de celebración:
14 of March of 2019 at 19:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Instituto de Estudos Vigueses , Universidade de Vigo and Concello de VigoLugar
García Barbón nº 5
36201 Vigo
Spain
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
Presencial'Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar?'
O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, organiza o Fórum IEV 2019, un ciclo de conferencias que arrancou en xaneiro e se prolongará ata o vindeiro mes de decembro.
Este mes a conferencia corre a cargo de Elena Ojea, investigadora principal do grupo de investigación Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, que ofrecerá o relatorio Os impactos do cambio climático na pesca, como nos podemos adaptar? Na súa intervención, a experta explicará como o cambio climático está a ter efectos nos océanos que afectan a actividades como a pesca artesanal e industrial, ao tempo que fará un repaso ao coñecemento actual sobre os cambios no mar e as repercusións destes cambios para a pesca. Neste escenario, revisará tamén que di a ciencia sobre como a sociedade se pode adaptar.