Seniors university program

This content is currently not available in English

Nunca é tarde para formarse

Programa de Maiores

 

Dentro do marco xeral dos programas de formación das aulas de formación aberta da Universidade de Vigo desenvólvese o Programa de Maiores. Trátase dun proxecto de desenvolvemento científico-cultural dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, teñan ou non titulación, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais.

Coa posta en marcha deste programa nos seus tres campus, a Universidade de Vigo pretende facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento persoal e social, e colaborar con eles, en xusta correspondencia co que eles co seu traballo e esforzo achegaron á nosa institución. Trátase, pois, dunha oferta de estudos para as persoas que, por diferentes razóns, non puideron acceder á universidade no seu momento ou que, xa titulados ou tituladas, se atopen en idade inhabitual para as tarefas académicas.

Animámoste a coñecer os detalles do programa:

Visita a web do Programa de Maiores

Máis información:

Campus de Ourense 
+34 988 387 102 
asc-ou@uvigo.gal

​​​

Campus de Pontevedra
+34 986 801 909
maiores.pontevedra@uvigo.gal

Campus de Vigo
+34 986 812 257
maiores@uvigo.gal