Xornadas 'Elas fan CienTec 2019'
Data de celebración:
11 of February of 2019From 9:30 to 13:30
Dirixido a
Estudantes , Medios , PDI and Público externoOrganiza
Docentes e investigadoras do campus de Vigo coa colaboración da Unidade de IgualdadeLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
Spain
Tipo de evento
ObradoirosEntrada:
De balde Reservation required.Modalidade
PresencialPara celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Íñigo Cuiñas, director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade; Soledad Torres, coordinadora dos obradoiros na EE de Telecomunicación.
Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Universidade de Vigo acolle as Xornadas Elas fan CienTec, organizadas por un grupo de docentes e investigadoras xunto coa Unidade de Igualdade, co obxectivo de darlle visibilidade ao traballo das científicas e crear roles femininos no eido da ciencia e a enxeñaría.
Os obradoiros, dirixidos a rapazas e rapaces de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelatato, celebraranse ao longo de toda a mañá no Edificio de Ciencias Experimentais, no Cinbio e nas escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñería Industrial.
Pola súa banda, a Ecimat celebrará o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa visita dun grupo de estudantes de Bacharelato, que terán ocasión de coñecer a estación e o traballo que nela desenvolven as e os investigadores do CIM.
Máis información
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/universidade-volve-abrir-portas-seus-laboratorios-mozas-ensino-secundario