Edificio dunha facultade da Universidade de Vigo

Academic organization

This content is currently not available in English

Atopa nesta sección información sobre todos os centros e os departamentos da Universidade de Vigo: onde están, as súas estruturas, os nomes das persoas responsables ou os contactos. A información sobre a Escola Internacional de Doutoramento, coñecida como EIDO; as planificacións docentes anuais; os plans de acción titorial e de mentorización, que facilitan a integración do estudantado na universidade servindo de ponte entre eles e os diferentes servizos da institución, e o noso calendario do ano académico en curso.

A Planificación Docente Anual (PDA) asigna a cada titulación un número de horas de profesorado para distribuir en grupos docentes, de xeito que cada centro, comisión académica de máster (CAM) e a Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) planifiquen os detalles de cada materia de grao, máster e doutoramento, respectivamente.

O Plan de Organización Docente (POD) asigna a docencia total encargada a un departamento ou área en titulacións de grao e en titulacións de máster que habilitan para profesións.