Research

This content is currently not available in English

Os nosos programas de calidade na investigación dan soporte á estratexia investigadora e de transferencia de coñecemento

Os programas neste ámbito están orientados á mellora da calidade do persoal investigador, á dos centros de investigación e á dos laboratorios de ensaio e calibración para potenciar as capacidades organizativas e prestar servizos públicos punteiros na investigación científica

 

A adopción deste estándar internacional de sistemas de xestión da calidade ISO 9001 no laboratorio de ensaios e nos centros de investigación constitúen decisións estratéxicas que revelan a intención de mellorar o noso desempeño na prestación dos servizos públicos nestes eidos e a apostar pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional.

Ademais, vainos permitir demostrar a nosa capacidade para prestar estes servizos públicos adaptados ás expectativas das persoas usuarias e ás entidades públicas e privadas de investigación, para aumentar a satisfacción destas e para respectar as esixencias regulamentarias que nos afectan.

 

Alcance

Este estándar está implantado e certificado nos seguintes centros de investigación:

- Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI), nos campus de Vigo e Ourense

- Estación de Ciencias Mariñas (Ecimat), centro singular do campus de Vigo, e

- Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio), tamén centro singular do campus de Vigo.

Ademais, tamén se implantou e certificou no laboratorio de Microbioloxía da Facultade de Ciencias do campus de Ourense

 

Os servizos baixo o alcance da certificación están detallados en cadanseu certificado.

 

 

Fases e funcionamento

A aplicación da norma ISO 9001 permite organizar o funcionamento do noso laboratorio e dos nosos centros de apoio á investigación tendo en conta os principios internacionais e normalizados da xestión da calidade (por exemplo, a orientación aos seus grupos de interese, o compromiso da súa dirección ou a mellora continua dos seus procesos de traballo).

Estas entidades foron implantando progresivamente todas as esixencias da norma, a partir do compromiso do seu persoal, que logo son avaliadas de xeito periódico por unha entidade de certificación acreditada para comprobar a súa vixencia e eficacia.

 

Documentación

 

 

A adopción deste estándar internacional de calidade ISO/IEC 17025 nos nosos laboratorios de investigación constitúe unha decisión estratéxica que revelan a intención de mellorar o noso desempeño na prestación dos servizos públicos nestes eidos e a apostar pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional.

Ademais, vainos permitir demostrar a nosa capacidade para demostrar a competencia técnica e a capacidade destes laboratorios para producir resultados válidos, reforzando así a confianza que se lles concede a nivel nacional e internacional ao recoñecerlles os seus certificados e os seus resultados de ensaios e calibracións.

Esta competencia permite respectar as esixencias regulamentarias que nos afectan e responder ás expectativas das persoas usuarias e das entidades públicas e privadas de investigación.

 

Alcance

Este estándar está implantado e acreditado nos seguintes laboratorios:

- Laboratorio de calibración eléctrica (Lace) da Escola de Enxeñaría Industrial do campus de Vigo

- Laboratorio Antelia da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do campus de Vigo, e

- Laboratorio de Microbioloxía da Facultade de Ciencias do campus de Ourense.

 

 

Os servizos baixo o alcance da acreditación están detallados en cadanseu certificado.

 

 

Fases e funcionamento

A aplicación da norma ISO/IEC 17025 permite organizar e orientar o funcionamento dos nosos laboratorios a desenvolver un sistema de xestión da calidade recoñecido, a demostrar a competencia técnica para emitir resultados fiables, a dispor dos recursos humanos e materiais e da experiencia necesaria para proporcionar un servizo adaptado.

Estas entidades foron implantando progresivamente todas as esixencias da norma, a partir do compromiso do seu persoal, que logo son avaliadas de xeito periódico pola entidade nacional de acreditación para comprobar a súa vixencia e eficacia.

 

 

Documentación

 

A Estratexia de Recursos Humanos para persoal investigador HR Strategy for Researchers - HRS4R é unha iniciativa da Comisión Europea para animar ás institucións de investigación a implementar a carta europea do investigador e o código de conduta para a contratación de persoal investigador que aconsella implementar o logotipo HR Excellence in Research. + INFO

 

Calidade na investigación