Información sobre empregabilidade da Universidade de Vigo

Employability

This content is currently not available in English

Traballamos co obxectivo de facilitar que as persoas tituladas afronten o seu futuro profesional con maiores garantías de éxito

A Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión, dependente da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade, que ten como obxectivo fundamental impulsar, en colaboración con empresas, administracións e outras institucións, a empregabilidade do alumnado e das persoas tituladas da Universidade de Vigo para facilitar a súa inserción profesional.

O circuíto de actividades gratuítas incluídas no pasaporte de empregabilidade ofrece unha ampla oferta formativa para facilitar a inserción profesional das persoas participantes.

  • Se es estudante, podes inscribirte e xestionar a túa participación nas actividades do pasaporte a través de Moovi
  • Se es titulado ou titulada, busca a actividade na que queres participar e inscríbete a través do correspondente formulario. 

 

Pasaporte de empregabilidade

 

 

Máis información:

Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Linkedin