Innovación aberta

Un dos procedementos máis utilizados hoxe en día para a detección e a incorporación de talento ás empresas é a chamada «innovación aberta». Consiste, basicamente, en lanzar á contorna universitaria un  desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que, o estudantado expoña e desenvolva posibles solucións ou melloras.

Conscientes desta tendencia, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, xunto coa Vicerrectoría de Investigación, propón crear un programa de ideas, bautizado co nome de «Colmea de Ideas» co fin de canalizar aqueles desafíos que as empresas e as institucións lle propoñen á nosa contorna, servindo de correa de transmisión para que cheguen a toda a nosa comunidade universitaria e se poidan propoñer solucións innovadoras.

 

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal

Linkedin