Estudantes de secubdaria nun laboratorio da Universidade de Vigo

Outreach

This content is currently not available in English

 

Na Universidade de Vigo estamos comprometidos coa nosa contorna socioeconómica, e vivimos e traballamos preto das persoas. Desde que demos os primeiros pasos, traballamos para que os resultados da investigación repercutan positivamente na sociedade e contribúan ao seu desenvolvemento en todos os planos, tanto a través da transferencia do coñecemento xerado ao tecido empresarial como da mellora da cultura científica da cidadanía.

Con este espírito, a finais de 2018 nace a Unidade de Cultura Científica e da Innovación, que forma parte da Rede UCC+i da FECYT.

Dependente da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais e da Vicerreitoría de Investigación, a UCC+i vertebra e coordina as actividades de comunicación social da ciencia da institución e ofrece apoio e formación ao corpo investigador, tanto na difusión dos seus resultados de investigación como nas actividades de cultura científica nas que participe.
 

Web Ucc+i

Publicacións

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles 
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 281 | 986 130 118
ucc@uvigo.gal