Organización de actos

Presenza da reitora ou dos membros do equipo de goberno 

Para solicitar a participación da reitora ou dun membro do equipo de goberno nun evento organizado polos centros e unidades da Universidade de Vigo, cumprirá dirixirlle inicialmente o convite á reitora.

Deste xeito, a Secretaría da Reitoría poderá coordinar con antelación a asistencia da reitora ou determinar a representación máis axeitada, en función da natureza da actividade, da dispoñibilidade e das responsabilidades de cada membro do equipo de goberno

Este criterio non se aplicará ás invitacións nominativas, cando pola propia natureza do acto ou pola súa vinculación directa coa actividade, o convite estea especificamente dirixido a un determinado membro do equipo de goberno.

Reserva de espazos

A solicitude de espazos nos edificios institucionais para organizar eventos deberá realizarse coa suficiente antelación mediante o procedemento de reserva.

 

Secretaría da Reitoría
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 590
sreitoria@uvigo.gal