Vice-chancellorship elections

This content is currently not available in English

 

O vindeiro 4 de maio de 2022, a comunidade universitaria elixirá o reitor ou reitora mediante a elección directa e o sufraxio universal libre e secreto.

 

Elixirase a reitora ou o reitor por un período de catro anos e con posibilidade dunha soa reelección consecutiva, entre as catedráticas e os catedráticos de Universidade en activo que presten os seus servizos na Universidade de Vigo.

O voto para a elección de reitor ou reitora ponderarase do seguinte xeito:

  • Profesorado doutor con vinculación permanente á universidade: 51 %
  • Restante persoal docente e investigador: 9 %
  • Estudantes: 25 %
  • Persoal de administración e servizos: 15 %

A ponderación farase sobre o total de votos a candidaturas validamente emitidos.

O último proceso electoral ao reitorado concluíu o 23 de abril de 2018, coa elección por parte da comunidade universitaria do novo reitor da Universidade de Vigo. 


 

Máis información:

Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 614
cosecxeral@uvigo.gal