O edificio, deseñado por Alfonso Penelas, supuxo un investimento de 12 millóns de euros
6700 m2 dedicados á innovación e á transferencia do coñecemento
9 entidades, públicas e privadas, teñen reservado espazo e tres delas xa están instaladas
A nova Cidade Tecnolóxica de Vigo, Citexvi, nace co obxectivo de converterse nun polo de atracción de proxectos de I+D+i e nun socio estratéxico para as empresas da contorna favorecendo o emprendemento e a transferencia de coñecemento. En total, 6700 metros cadrados divididos en catro andares xestionados por unha entidade constituída por catro socios estratéxicos (Universidade de Vigo, Zona Franca, Novacaixagalicia e Xunta de Galicia). Cada un dos parceiros ten un 25% da participación sendo o presidente o reitor da Universidade, Salustiano Mato, e o xerente, Manuel Aranda.
O edificio deseñado polo arquitecto Alfonso Penela supuxo un investimento de 12 millóns de euros e está dotado das máis avanzadas tecnoloxías. Dispón de espazos modulables e multifuncionais de 72 m2 como mínimo, dotados con control de accesos, climatización individual e equipados con tomas de acceso de voz e datos a través de tecnoloxías de última xeración. Ademais conta con amplas salas de reunións multifuncionais, tamén equipadas con medios audiovisuais e unha ampla zona para celebrar exposicións.
O compromiso co medio ambiente está sustentado na propia definición do proxecto construtivo, que comprende unha instalación fotovoltaica de conexión á rede que vai integrada na cuberta do edificio (480 paneis solares cunha potencia en investidor de 100 kW), o que converte a Citexvi nunha pequena central produtora de enerxía limpa. Conta tamén cun sistema de captación de enerxía xeotérmica que, cunha potencia de 500 kW achega unha fonte de enerxía a unha temperatura estable, co que a climatización permite alcanzar uns rendementos beneficiosos e un aforro no consumo eléctrico arredor do 30%.
Na actualidade xa están a traballar nas entidades instaladas en Citexvi 80 profesionais (unha cuarta parte mulleres), dos que 46 son enxeñeiros de telecomunicacións, 10 enxeñeiros industriais, 5 químicos/físicos e os 19 restantes con titulacións universitarias diversas. A facturación agrupada das unidades de negocio de todas as entidades implantadas en Citexvi, en 2010, ascendeu a preto de 10 millóns de euros.
Para as empresas, centros e grupos de investigación, a Cidade Tecnolóxica ofrece unha ampla gama de servizos de carácter inmobiliario e de infraestruturas, de intermediación, de acompañamento e de asesoramento por parte de profesionais de consultoría e/ou xestores.
Dossier Citexvi (519.99 Kb)
Un edificio enerxeticamente respectuoso
Dos 6700 m2 da Cidade Tecnolóxica, 3600 m2 están destinados a aloxar iniciativas de I+D+i e proxectos empresariais, quedando o resto dedicado a servizos xerais e de apoio. As instalacións actuais levántanse sobre unha parcela de 20.370 m2, dispoñendo ademais dunha parcela adicional de 20.000 m2 para unha futura ampliación.O edificio deseñado polo arquitecto Alfonso Penela supuxo un investimento de 12 millóns de euros e está dotado das máis avanzadas tecnoloxías. Dispón de espazos modulables e multifuncionais de 72 m2 como mínimo, dotados con control de accesos, climatización individual e equipados con tomas de acceso de voz e datos a través de tecnoloxías de última xeración. Ademais conta con amplas salas de reunións multifuncionais, tamén equipadas con medios audiovisuais e unha ampla zona para celebrar exposicións.
O compromiso co medio ambiente está sustentado na propia definición do proxecto construtivo, que comprende unha instalación fotovoltaica de conexión á rede que vai integrada na cuberta do edificio (480 paneis solares cunha potencia en investidor de 100 kW), o que converte a Citexvi nunha pequena central produtora de enerxía limpa. Conta tamén cun sistema de captación de enerxía xeotérmica que, cunha potencia de 500 kW achega unha fonte de enerxía a unha temperatura estable, co que a climatización permite alcanzar uns rendementos beneficiosos e un aforro no consumo eléctrico arredor do 30%.
Primeiros inquilinos
Citexvi bota a andar este luns con seus primeiros inquilinos xa instalados (Gradiant, IQUBE Research e EnergyLab) e espazos reservados para IMATIA; o Grupo de Química Coloidal; o Laboratorio de Biotoxinas Mariñas e as Empresas de Base Tecnolóxica da propia Universidade. No tocante aos sectores, as TIC supoñen case a metade do espazo dispoñible (47,14%), mentres que a Enerxía e Medio Ambiente representan o 31,59%, as Ciencias Mariñas o 10,76% e a Industria o 6,70%.Na actualidade xa están a traballar nas entidades instaladas en Citexvi 80 profesionais (unha cuarta parte mulleres), dos que 46 son enxeñeiros de telecomunicacións, 10 enxeñeiros industriais, 5 químicos/físicos e os 19 restantes con titulacións universitarias diversas. A facturación agrupada das unidades de negocio de todas as entidades implantadas en Citexvi, en 2010, ascendeu a preto de 10 millóns de euros.
Criterios de aloxamento e servizos
As actividades prioritarias de investigación acollidas en Citexvi están vinculadas coa situación, perspectivas e necesidades das novas tecnoloxías en Galicia en xeral, e en Vigo, en particular. Neste sentido, establecéronse criterios para o acceso das entidades como o potencial científico, técnico e innovador da iniciativa, a súa viabilidade técnica e económica e a súa contribución á imaxe de Citexvi como nodo de tecnoloxía avanzada. Deste xeito, prima o contido científico e/ou tecnolóxico do proxecto e o potencial de colaboración en proxectos de I+D co sistema universitario galego e con entidades públicas, sobre todo nos sectores estratéxicos da Universidade de Vigo (Telecomunicacións, Tecnoloxías da Información, Enerxías e Medio, Ciencias Mariñas, Biomedicina, Tecnoloxías Agroalimentarias, etc)Para as empresas, centros e grupos de investigación, a Cidade Tecnolóxica ofrece unha ampla gama de servizos de carácter inmobiliario e de infraestruturas, de intermediación, de acompañamento e de asesoramento por parte de profesionais de consultoría e/ou xestores.
Dossier Citexvi (519.99 Kb)