Non-official Degrees Commission

A comisión de estudos propios, por delegación do Consello de Goberno, é o órgano de regulación, aprobación, organización e supervisión da calidade dos programas de formación permanente da Universidade de Vigo.

Regúlase no artigo 62 do Regulamento dos programas de formación permanente da Universidade de Vigo. 

Está integrada por: 

  • A dirección da Escola Aberta de Formación Permanente, que actuará como presidencia.
  • O secretario/a da Escola Aberta de Formación Permanente, que actuará como secretaría da comisión.
  • O vicerreitor/a con competencias en ordenación académica ou a persoa en quen delegue.
  • A xefatura do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao ou a persoa en quen delegue.
  • O coordinador/a do Programa universitario de maiores.
  • O membro do PAS responsable do Programa de formación do profesorado e da innovación educativa.
  • Dous membros do PDI correspondentes a cada ámbito de coñecemento da Universidade de Vigo.
  • Tres estudantes, un ou unha dos cales pertencerá ao Programa universitario de maiores.
  • Un membro do PAS.

Funcións

  • Revisar e aprobar as solicitudes dos títulos propios de especialización académica, agás o mestrado propio, e de calquera programa específico de formación permanente vinculado á Universidade de Vigo. No caso das propostas de mestrado propio, informará o Consello de Goberno, que será o responsable final da súa aprobación.
  • Solicitar en calquera momento informes externos sobre a proposta dun título propio de especialización académica ou dun programa específico de formación permanente.
  • Establecer os calendarios adecuados para a solicitude dos títulos propios de especialización académica.
  • Propoñer, para cada curso académico, o prezo máximo de matrícula por ECTS nos títulos propios de especialización académica, que lle enviará ao Consello Social para a súa aprobación.
  • Propoñer o custo máximo por hora de dedicación e por coordinación dos títulos propios de especialización académica, que lle enviará ao Consello de Goberno para a súa aprobación.
  • Propoñer os prezos de expedición dos títulos ou dos diplomas propios, que lle enviará ao Consello Social para a súa aprobación.
  • Aprobar as reedicións dos títulos propios de especialización académica.
  • Aprobar as solicitudes de modificación nas propostas dos títulos propios de especialización académica.
  • Verificar o cumprimento deste regulamento no desenvolvemento dos títulos propios.
  • Elaborar e aprobar todos os procedementos necesarios para o adecuado desenvolvemento do presente regulamento.
  • Supervisar a calidade dos títulos propios para o que elaborará, en coordinación coa Área de Calidade da Universidade de Vigo, un sistema de garantía de calidade adaptado á tipoloxía dos ensinos propios.
  • Aprobar as memorias finais dos títulos propios de especialización académica e os informes finais dos programas específicos de formación.
  • Aprobar as cancelacións dos títulos propios sempre que existan causas xustificadas.
  • Xestionar as queixas, as suxestións ou as reclamacións relacionadas cos ensinos propios que sexan trasladadas pola EAFP.

Membros

  • María José Moure Rodríguez
    Presidenta
  • Fernando Cerdeira Pérez
    Secretario
  • José Luis Gómez Reboiro
    Membro nato, PAS do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
  • Carmen María Abreu Fernández
    Membro nato, coordinadora do Programa Universitario de Maiores
  • María Ángeles Villar Lemos
    Membro nato, PAS da Área de Innovación Educatica
  • Maruxa Álvarez Jiménez
    Vogal, PDI do ámbito de ciencias
  • Eva María Lantarón Caeiro
    Vogal, PDI do ámbito de ciencias
  • Miguel Cuevas Alonso
    Vogal, PDI do ámbito de humanidades
  • José Francisco Montero Reguera
    Vogal, PDI do ámbito de humanidades
  • Ernesto López-Valeiras Sampedro
    Vogal, PDI do ámbito xurídico-social
  • Xosé María Mahou Lago
    Vogal, PDI do ámbito xurídico-social
  • María Inmaculada Fenollera Bolíbar
    Vogal, PDI do ámbito tecnolóxico
  • Francisco Javier Rodríguez Martínez
    Vogal, PDI do ámbito tecnolóxico
  • María Isabel Vázquez Domínguez
    Vogal, PAS do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
  • Adolfo Bendoiro Mato
    Vogal, estudante do Programa Universitario de Maiores
  • Iago Meis Solla 
    Vogal, estudante
  • Alexo Breogán Riobó Lois
    Vogal, estudante