Publications Commission
A Comisión de publicacións regúlase nos artigos 5, 6 e 7 do Regulamento do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo (C. G. 22/01/2019).
Está composta por:
- O director ou directora do Servizo
- O xefe ou xefa de Negociado do Servizo
- Tres persoas pertencentes ó PDI do ámbito Humanístico-Artístico / Xurídico-Social
- Tres persoas pertencentes ó PDI do ámbito Tecnolóxico-Científico
- Tres persoas pertencentes ó estudantado de Mestrado ou Doutoramento.
Funcións
A comisión velará por establecer os criterios de política editorial da universidade; asesorará á direción na elaboración da Convocatoria anual de Publicacións de Monografías e Manuais; asesorará á direción naqueles aspectos editoriais que considere oportuno; aceptará ou rexeitará orixinais remitidos para a súa publicación, tras analizar os contidos, os informes que os acompañan e os que se soliciten, así como o orzamento do Servizo; establecerá a prelación de publicación dos orixinais aceptados; aprobará a creación ou supresión de coleccións, revistas e demais produtos editoriais; actuará como comisión asesora da Reitoría en materias relacionadas coa actividade editorial e, por último, proporá cantas iniciativas de carácter editorial considere oportunas para a boa marcha do Servizo.
Membros
Presidencia
- Helena Cortés Gabaudán, directora do Servizo de Publicacións
Secretaría
- Susana Viña Martínez, xefa de negociado do Servizo de Publicacións
PDI
- Benigno Fernández Salgado, ámbito humanístico-artístico/xurídico-social
- Marta García González, ámbito humanístico-artístico/xurídico-social
- Enrique José Varela Álvarez, ámbito humanístico-artístico/xurídico-social.
- Ana M. Bernabeu Tello, ámbito tecnolóxico-científico
- Ignacio Pérez Juste, ámbito tecnolóxico-científico
- Marta Pérez Rodríguez, ámbito tecnolóxico-científico
Estudantado
- Mar Nieves Fernández
- Iago Rodríguez Diéguez
- Pablo Vilas Santamaría