Protection and enhancement of results

This content is currently not available in English

Froito dos traballos de I+D que o noso persoal investigador desenvolve, xorden resultados que necesitan ser postos en valor ou protexidos para poder ser levados ao mercado do mellor xeito posible. Estes resultados de investigación pertencen á universidade, por ter sido desenvolvidos polo noso persoal no marco da relación laboral que este ten coa institución.

Coa finalidade de acurtar o camiño que vai desde o desenvolvemento destes resultados ata a súa aplicación no mercado, pode ser necesario, ademais de protexer, realizar diversos estudos, por exemplo os de patentabilidade ou de mercado, para a súa valorización.

Consulta a normativa e toda a información sobre patentes, o noso escaparate de resultados e de empresas derivadas (Spin-Offs).