Access to Undergraduates

Admission procedures

Se queres iniciar unha titulación de grao, ademais de cumprir os requisitos previstos no Real decreto 412/2014 polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, tes que solicitar praza. Ten en conta que hai titulacións que teñen requisitos ou criterios específicos de selección e as que esixen que acredites un nivel de competencia en lingua inglesa antes de cursar o Traballo de Fin de Grao.

Consulta a oferta de prazas para o próximo curso:

De entre as vías de admisión existentes hai as que se inician na sede electrónica -para o que é necesario que posúas algún medio válido de identificación electrónica- e as que se inician por outros medios. Esta información podes consultala a continuación na descrición de cada procedemento de admisión.

Pre-registration will be done through the online procedures in the NERTA dcomputer application of the Galician University System within the deadlines established by the Inter-University Commission of Galicia (CiUG). Due to the fact that the process of allocating places is the responsibility of the CiUG, any complaint should be addressed to this commission.
.

   ​​​​​​      ​​

The offer for admission to the Escola Naval Militar de Marín and the selection process is governed by the resolution published in the BOE for each academic year.

Se xa tes iniciados estudos universitarios oficiais podes solicitar na sede electrónica a admisión a través do recoñecemento dun mínimo de 30 créditos. Se non posúes algún medio válido de identificación electrónica por non ter nacionalidade española ou permiso de residencia en España deberás iniciar o procedemento nunha representación diplomática ou oficina consular de España tal e como establece o artigo 16.4.c da lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Dependendo de se os estudos de procedencia son españois ou estranxeiros os requisitos son diferentes.

É requisito imprescindible que os estudos de procedencia os teñas iniciados e non terminados. 

Poderás solicitar a admisión por esta vía se tes estudos de educación superior estranxeiros que cumpran os criterios fixados polo Consello de Universidades e esteas nalgunha das seguintes situacións:

Estudos non concluídos

Terás que acreditar que os estudos cursados non concluísen coa obtención do correspondente título.

 Estudos concluídos

Será necesario que non teñas solicitado e declares que non vas solicitar a homologación dos mesmos por un título universitario oficial español nin a equivalencia da titulación a nivel académico universitario oficial español. No caso de que xa o solicitaras con anterioridade, deberás posuír unha resolución desfavorable á homologación na que conste expresamente a posibilidade de que podes validar eses estudos parcialmente.

O procedemento relativo a esta vía de admisión publicámolo no taboleiro electrónico con anterioridade á data de publicación e entrada en vigor da convocatoria de admisión e matrícula de cada curso académico. O prazo de admisión é durante os meses de marzo e abril anteriores ao comezo de cada curso. Cando a titulación á que pretendas acceder se imparta en máis dun centro da UVigo deberás optar unicamente por un deles.

Para que se che poidan validar as materias superadas terás que demostrar que as competencias e os coñecementos adquiridos son equivalentes ás correspondentes materias incluídas no plan de estudos ao que pretendes acceder. As materias recoñecidas terán a equivalencia en puntos correspondente á cualificación obtida no centro estranxeiro de procedencia. A resolución de recoñecemento terá validez mentres estea en vigor o plan de estudos da titulación obxecto de recoñecemento, sen embargo, a admisión só valerá para o curso académico para o que o solicitas.

Se obtés recoñecementos pero non unha praza poderás solicitar a admisión a través do procedemento de preinscrición. Neste suposto os teus estudos de acceso á universidade deberán estar homologados en España. Só necesitarás superar as probas de acceso en España se desexes aumentar a cualificación de admisión, segundo o establecido no mencionado real decreto e no acordo das universidades públicas do sistema universitario de Galicia sobre os procedementos de admisión aos estudos universitarios oficiais de grao.

Poderán esixirche unha proba de idioma se o teu país non ten como lingua oficial o castelán.

 

Se o que queres é retomar os estudos de grao iniciados nesta universidade logo de trasladar o teu expediente académico, tes que iniciar o procedemento na sede electrónica

Os centros de estudos poden readmitir estudantes trasladados sempre que se teñan superados un mínimo de 12 créditos na titulación que se desexa retomar.

Se perdiches o dereito á docencia e/ou o dereito de avaliación nalgunha materia do teu plan de estudos podes iniciar na secretaría virtual o proceso de adaptación que che permitiría continuar os mesmos estudos no novo plan implantado. Antes de facelo consulta o calendario da extinción, tanto no relativo ao dereito á docencia como ao dereito de avaliación, e o calendario de implantación do novo plan prestando especial atención á situación de ambos debido a que a posibilidade de matrícula pode verse moi limitada. O habitual cando se implanta un novo plan é que comece só o primeiro curso, polo que se decides adaptarte podes non ter suficientes materias para cursar e non che interese cambiar ata que estean implantados os cursos superiores. 

O prazo para realizar o proceso de adaptación de plan de estudos coincide co prazo de matrícula de continuación de estudos.

Se es estudante dun plan de estudos impartido en máis dun centro desta universidade e queres cambiarte a outra facultade ou escola para continuar os mesmos estudos, tes que iniciar o procedemento de admisión na sede electrónica.

Tendo en conta as prazas ofertadas para esta vía de admisión, o órgano de dirección de cada centro resolverá de acordo co disposto no regulamento polo que se establece o réxime de cambio de centro en titulacións de grao co mesmo plan de estudos.

Tes que estar en posesión dun título de diplomada ou diplomado, de mestra ou mestre ou de enxeñeira ou enxeñeiro técnico se desexas obter o correspondente título de grao mediante a realización dun curso ponte.

O cadro coa oferta de prazas para cada curso académico indica as direccións de internet onde poderás consultar se existen ou non criterios específicos de selección e/ou outros requisitos.

A admisión solicitarase segundo o establecido na sede electrónica.

Este é o procedemento que che permite completar o trámite de homologación condicionada dun título universitario estranxeiro polo correspondente título español. É requisito imprescindible que posúas e aportes a credencial definitiva da Subdirección Xeral de Títulos e Ordenación, Seguimento e Xestión das Ensinanzas Universitarias do Ministerio de Universidades que indique de forma expresa as carencias de formación que che esixen a superación de determinados complementos. 

O trámite o tes que iniciar na sede electrónica

Para a admisión, ademais de que o estudo conducente ao título español ao cal se refire a homologación estea implantado na UVigo, terase en conta o mecanismo ou mecanismos para a superación dos RFC que che oferta o Ministerio de Universidades e as posibilidades que ofrece o centro de estudos elixido.

En ningún caso o prazo máximo no que debe producirse a superación dos RFC poderá verse ampliada.

Se tes un título de grao e desexas cursar outra mención nese plan de estudos tes que iniciar o trámite en sede electrónica.

O procedemento varía segundo se trate de estudos previos rematados nesta ou noutras universidades españolas.

Podes utilizar esta vía de admisión se os teus estudos se imparten en máis dun centro desta universidade e desexas cursar unha mención noutra facultade ou escola.
Poderás optar a unha praza por esta vía se tes un título de grao  que habilite para o exercicio das profesións de Mestra ou Mestre en Educación Infantil e de Mestra e Mestre en Educación Primaria.

Se xa estás cursando un dos graos obxecto dun PCEO (plan conxunto de estudos oficiais) e queres incorporarte á outra titulación e cursar ambas titulacións de forma conxunta, tes que iniciar este procedemento en sede electrónica.

Esta incorporación réxese segundo o establecido na normativa de Programa Conxunto de Estudos Oficiais de Grao da UVigo.

Así mesmo, se estas a cursar un PCEO e compres co establecido no artigo 8 da mencionada normativa poderás optar por continuar só nunha das dúas titulacións iniciadas e abandonar a outra.

Cando remate o proceso de preinscrición e teñamos constancia de que nalgunha titulación de grao non hai nin alumnado convocado pola CiUG nin lista de agarda, ofertaremos as prazas non cubertas. Esta oferta publicarémola no taboleiro electrónico.

O procedemento de admisión iniciarase na sede electrónica. É importante ter en conta que a asignación de prazas farase por orde de chegada en función da data e hora de entrada.

Terá prioridade quen non teña matrícula formalizada noutra titulación oficial polo que se precisas solicitar a simultaneidade de estudos quedarás en espera de asignación de praza ata o final do proceso.

As solicitudes tramitarémolas no Servizo de Xestión de Estudos de Grao. A quen se lle conceda praza informaráselle dos pasos a seguir para a formalización da matrícula. Cando alguén resulte excluído do proceso de selección informaráselle do motivo da exclusión e, de selo caso, do procedemento de mellora de solicitude e prazos.

No momento no que se cubran as prazas nalgún dos graos ofertados faremos unha actualización das prazas restantes en cada titulación.

A admisión do estudantado de intercambio realízase de acordo co disposto nos programas, convenios ou acordos establecidos para tal fin. A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) xestiona a mobilidade da comunidade universitaria.

Existen diversas posibilidades para ao estudantado de intercambio en función das súas preferencias e diferentes situacións (ERASMUS+, SICUE, ISEP, COU, GE4, etc.).

A admisión do estudantado estranxeiro VISITANTE realizarase por delegación reitoral cunha resolución individualizada da persoa titular da vicerreitoría con competencias en relacións internacionais, previo informe da persoa responsable das relacións internacionais do centro de destino.

Nas prazas ofertadas móstranse os plans de estudo de grao que poden realizarse a través dun convenio de recoñecemento mutuo (PARCEIROS). Para obter mais información relativa a este tipo de admisión hai que consultar directamente no centro de estudos onde se impartan as titulacións indicadas con esta posibilidade.

 

Cota xeral

  • Adxudicaranse ao estudantado atendendo a súa nota de admisión.

 

Cotas de reserva

  • Persoas tituladas: reservarase o 1% das prazas totais, soamente para a convocatoria de xuño.
  • Estudantado con grao de discapacidade igual ou superior ao 33%: reservarase un 5% do total das prazas.
  • Estudantado con cualificación de deportista de alto nivel: reservarase un 3% das prazas totais, agás nas titulacións de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Grao en Fisioterapia, nas que se reservará un 8%.
  • Maiores de 25 anos: reservarase un 2% das prazas totais, soamente para a convocatoria de xuño.
  • Maiores de 45 anos: reservarase un 2% das prazas totais, soamente para a convocatoria de xuño en materia de persoal corresponderá a cada universidade.

 

 

Further information:

Study Management Service for Degrees
Edificio Exeria
Campus de Vigo
36310 Vigo
+34 986 813 607
soporte.grao@uvigo.gal​​​​​​