Employment orientation
This content is currently not available in English
A busca de emprego resulta un traballo en si mesmo. Para optimizar tempos, recursos e esforzos é preciso contar co asesoramento adecuado. A orientación laboral é un servizo prestado pola Área de Emprego e Emprendemento para analizar o mercado laboral, definir o perfil profesional e trazar un itinerario de busca de emprego.
Servizo de orientación laboral
Es estudante ou egresado/a e gustaríache recibir axuda para planificar a túa busca de emprego?
Que te levarás da sesión?
- Avaliación do teu perfil profesional
- Análise do teu potencial para un determinado emprego
- Asesoramento na busca de emprego
- Coñecemento dos requisitos laborais demandados polo mercado
- Oportunidades laborais
- Ferramentas necesarias para a túa incorporación ao mercado laboral: consellos para a mellora do teu CV, asesoramento para a realización de entrevistas de selección (presenciais e virtuais), preparación da túa participación en feiras de emprego etc.
Se queres solicitar unha entrevista (virtual ou presencial) cunha das nosas técnicas de emprego, podes enviarnos un correo electrónico ao seguinte enderezo: orientacionlaboral@uvigo.gal
Obradoiros de orientación nos centros
Es representante dunha facultade ou dunha escola e gustaríache que o teu alumnado recibise algún obradoiro de mellora da empregabilidade ou de orientación laboral no teu centro?
Colaboramos coas distintas escolas e facultades no desenvolvemento do seu plan de acción titorial (PAT) impartindo distintos obradoiros para facilitar o acceso ao mercado laboral.
Entre os obradoiros máis demandados polo estudantado dos últimos cursos de grao e de mestrado destacan aqueles que proporcionan ferramentas sobre:
- Elaboración de CV e de cartas de presentación
- Preparación de entrevistas de selección
- Fomento do autoemprego
- Redes sociais ou creación da marca persoal
Xornadas de captación de talento
Captación de talento na función pública
-
Posibilidades de emprego público en institucións da Unión Europea e apoio da Reper. Consellos para enfrontarse a un proceso de selección e para preparar unhas oposicións para as institucións europeas (EPSO).
Relatores: Gabriel Alonso Friera e Carmen Román.
Modalidade híbrida, en remoto ou presencial.
8 de novembro de 2024, ás 10.00 h. -
A Comisión Europea e as embaixadas da Unión Europea no mundo. Oportunidades profesionais.
Relator: Miguel Ángel Varela Sánchez.
Modalidade: en remoto
15 de novembro de 2024, ás 15:30 h. -
Oportunidades de emprego na Dirección Xeral do Catastro.
Relatora: Micaela Martínez Benavente.
Modalidade: en remoto
22 de novembro de 2024, ás 10.00 h. -
Plan de captación de talento da Administración Xeral do Estado.
Relatores: Sonia Postigo e colaboradores.
Modalidade: en remoto.
29 de novembro de 2024, ás 10.00 h.
Máis información
Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 037
orientacionlaboral@uvigo.gal