Explorer UVigo-Santander Programme


Explorer UVigo-Santander é un programa gratuito de apoio ao emprendemento que lle brinda á comunidade universitaria o impulso necesario para desenvolver o seu proxecto e lanzalo ao mercado. 

Durante 12 semanas poderás asistir ás formacións do teu Explorer Space UVigo, un espazo de cotraballo onde conectarán con outras persoas emprendedoras coas súas mesmas inquedanzas e onde recibirán asesoramento personalizado e formación impartida por unha rede de máis de 200 profesionais expertos. 

O apoio e as sesións complétanse con premios para acelerar as iniciativas con maior potencial: viaxes á European Innovation Academy de Lisboa, onde participarán nunha experiencia de inmersión e formación para os proxectos seleccionados por cada Explorer Space xunto con emprendedores doutros países.

Santander X Explorer primeira edición 2025
Datas: do 3 de febreiro ao 27 de abril de 2025
Dedicación: 8-10 horas á semana (durante 12 semanas)
Prezo: de balde
Idiomas: español, portugués e inglés
Formato: en liña
Países participantes: Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, Estados Unidos, México, Perú, Portugal, Reino Unido e Uruguai.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de decembro de 2024.

Apúntate aquí!

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal

Linkedin