Open Innovation

Programa Colmea de ideas

 

Un dos procedementos máis utilizados hoxe en día para a detección e a incorporación de talento ás empresas é a chamada «innovación aberta». Consiste basicamente en lanzar á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado expoña e desenvolva posibles solucións ou melloras.

Conscientes desta tendencia, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, xunto coa Vicerrectoría de Investigación, propón crear un programa de ideas, bautizado co nome de «Colmea de Ideas» co fin de canalizar aqueles desafíos propostos polas empresas e polas institucións á nosa contorna, servindo de correa de transmisión para que cheguen a toda a nosa comunidade universitaria e se poidan propoñer solucións innovadoras.

Mediante este observatorio de ideas queremos recompilar aqueles retos abertos presentados polas entidades aos que os membros da nosa comunidade universitaria poidan concorrer, tanto de maneira individual (mediante o desenvolvemento dos seus traballos de fin de estudos ou de doutoramento), coma en grupo (como xerme dun proxecto emprendedor). 

Se a túa empresa ou entidade está interesada en colaborar neste programa e formar parte da nosa «Colmea de ideas», convidámoste a cubrir este formulario de inscrición. Poñerémonos en contacto contigo á maior brevidade. Será un pracer escoitarte!

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal

Linkedin